Pages
Categories
Archives
Meta
Pages
Categories
Archives
Meta
rebelións-3
Publicado en: Sen clasificar por clubdacalceta o maio 24, 2009
ao bordo dos barcos piratas somos moitas as linguas, as palabras e as cores. aquí non hai distinción de procedencia, nin condición. non somos como o resto da sociedade que nos rodea, que mira por enriba do ombreiro a quen fala diferente, come diferente, pensa diferente. todo o mundo leva a mesma parte do botín, votamos o rumbo cada día, compensamos a quen perde unha perna, ou un brazo. cremos que para mover o mundo, cómpre traballar cóvado con cóvado. ben, iso e unha certa picardía. non somos xente de fiar.
rebelións-2
Publicado en: Sen clasificar por clubdacalceta o maio 21, 2009
no século XVIII as coroas dominaban a terra e o mar. se cadra poden parecer brutais as nosas accións, mais observemos ao noso arredor. látego na mariña mercante. expolio nas colonias. cárcere por maldicir a quen goberna. esta é a única forma de vida que nos queda a quen fica na exclusión, a quen non quere encaixar. no século XVIII non había alternativas. poderá habelas no século XXI.
preparando a abordaxe…
Publicado en: abordaxes por clubdacalceta o maio 21, 2009

dende detrás do ollo de boi, está todo preparado. a data nunca é exacta, o ataque adoita ser incerto, pero os mares xa brúan e o vento zoa. antes de xuño amosareivos os dentes.
rebelións-1
Publicado en: Sen clasificar por clubdacalceta o maio 18, 2009
pirata é a rebelión contra as normas. mais de que normas falamos? quen as establece? son só as normas do mar? ou hai outras máis insidiosas e invisibles? hoxe, onte, mañá. queremos obter patente de corso e traballar para un sistema en contra doutro ou rachar con todos e facer unha orde nova?