Pages
Categories
Archives
Meta
Pages
Categories
Archives
Meta
O noso capitán
Publicado en: Sen clasificar por clubdacalceta o xuño 27, 2009
Pode que as roupas rechamantes despisten. Pode que semelle por veces que non ten a cabeza moito sobre os ombreiros. Pode que o seu amor polo diálogo o faga parecer feble. Mais todo o mundo sabe quen é Calico. Todo o mundo sabe como liderou un motín contra Charles Vane pola súa crueldade e como tivo a toda a tripulación detrás del. Todo o mundo sabe do seu carácter ecuánime e do seu espírito afouto e cortés. Todo o mundo sabe que el é o noso capitán.
Chamoume a atención. Sen dúbida. Había outras mulleres. Pero non eran coma ela. Baixei a aba do sombreiro, a mellor maneira de observar. A máis arteira. Só os ollos unha liña. Unha liña entre a aba do chapeu e o vaso de ron. Non me gusta moito beber. Pero é a mellor maneira de non facerse notar. E de observar. Liñas e liñas. Aí si son capaz de ler.
comentarios
Publicado en: Sen clasificar por clubdacalceta o xuño 17, 2009
á fin funcionan os comentarios, agardamos novas da ultramar!
as miñas mans
Publicado en: páxinas por clubdacalceta o xuño 17, 2009
Baixo a vista e aí están. As miñas mans. Estas mans que son miñas, mesmo se por momentos non mo parecen nesa estraña disociación que ás veces teño co meu corpo. Son mans grandes, rexas e fortes. Con calos. As unllas negras. Mans anchas e dedos curtos. Míroas con orgullo. Non son fermosas. Pero sinto orgullo delas.
problemas blog
Publicado en: Sen clasificar por clubdacalceta o xuño 17, 2009
por algunha razón descoñecida os comentarios non chegan, alguén está pirateando o blog? se fixestes algún comentario e non entrou deixádeo en www.clubdacalceta.blogaliza.org e se tedes idea de como solucionar o problema, tamén…
bandeiras-1
Publicado en: Sen clasificar por clubdacalceta o xuño 9, 2009
Para algunhas xentes, unha bandeira é un anaco de tea. Para nós é unha forma de falar. Unha forma de expresar o tipo de vida que levamos e o tipo de vida que queremos.

Na miña vida anterior, cando navegaba en buques mercantes, amentar a caveira e os ósos, o esqueleto, o reloxo de area… era amentar o pánico. E ese pánico, malia a nosa mala fama, era sobre todo un pánico ao alleo, ao descoñecido. O seu medo, o medo do poder ao diferente, debe darnos azos. Significa que contamos. Que temos razóns de sobra para navegar e para construír o mundo ao noso xeito, esnaquizando os grillóns das súa tan pequena imaxinación. Trocar o medo por admiración, por apoios e á fin por outra sociedade. Todo iso pode un pequeno anaco de tea.
piratería contra os espazos pechados
Publicado en: Sen clasificar por clubdacalceta o xuño 4, 2009
Cando o poder pecha espazos, cando busca excluír o propio, cando pretende poñernos os grillóns do silencio e a invisibilidade, nós collemos aire nas velas e facemos o que mellor sabemos: piratear. Agora máis ca nunca.
O Williams
Publicado en: Sen clasificar por clubdacalceta o xuño 3, 2009
O Williams é o noso balandro. Jack, Anne e o resto da tripulación roubárono do peirao de Nova Providencia, xusto diante dos morros do Gobernador Woodes Rogers. E ben merecido que o tiña, o porco arrogante. É un bo balandro. Suca o mar con axilidade. Salvamo os barcos de area e enchemos de vento as velas. O mastro érguese orgulloso. Por suposto, fixemos as nosas melloras. Máis canóns, máis pólvora. Máis botín. O noso barco é a nosa alma.